Comunicacións

- 17 e 18 de decembro de 1999: docente no curso da Universidade de Vigo “I Simposio Internacional das Linguas sen Estado: Italia e Francia”, celebrado en Vigo, no Centro Cultural Caixavigo, cun relatorio sobre “A cuestión lingüística en Francia: unha introducción ó caso do catalán”
 

- 17 de maio de 2003: participación no “3. Deutscher Galicien-Tag” organizado polo Galicien-Zentrum da Universidade de Tréveris e celebrado na Universidade de Tréveris, cunha conferencia sobre “A traducción literaria en Galicia: algunhas reflexións e unha experiencia persoal”


- 10 de febreiro de 2006: participación na mesa redonda sobre "Estado e relixión" celebrada no IES Antón Losada Diéguez da Estrada

- 25 a 27 de setembro de 2006: secretario do equipo de dirección, conferenciante –cunha conferencia sobre “España entre el nacionalcatolicismo y el Estado aconfesional”– e moderador dunha mesa redonda no encontro “¿Tiempo de religiones?” dirixido por Juan José Tamayo-Acosta, organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo no marco dos seus cursos de verán e celebrado en Pontevedra

- 17 a 21 de agosto de 2009: secretario e conferenciante –cunha conferencia sobre "El Xacobeo 2010: una aproximación politológica al años santo compostelano"– no seminario “El Camino de Santiago y la fundación de Occidente: una revisión actualizada del fenómeno jacobeo” dirixido por Xosé Luís Barreiro Rivas, organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo no marco dos seus cursosde verán e celebrado en Santander

- 26 a 28 de outubro de 2011: secretario técnico das “Xornadas sobre demografía e desenvolvemento. Claves para unha política de inversión das inercias demográficas en Galicia” dirixidas por Xosé Luís Barreiro Rivas e Rosa Matilde Pascual Monzó, organizadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e celebradas en Santiago de Compostela

- 6 de maio de 2015: participación, en calidade de autor d'Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, na conversa "Galegos e galegas de aquí e de acolá", organizada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

- 25 de outubro de 2018: participación, en calidade de tradutor dos Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig, no encontro "Arredor do Stefan Zweig en galego", organizado pola Asociación Galega de Xermanistas e celebrado na libraría Numax de Santiago de Compostela

- 24 de abril de 2019: participación na II Xornada de tradución, organizada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, cun obradoiro titulado "Traducir (do alemán) en Galiza: unha aventura"

- 25 de xaneiro de 2020: participación na I Xornada de tradución literaria alemán-galego, organizada pola Asociación Galega de Xermanistas, a Universidade de Santiago de Compostela e a Biblioteca de Tradución Galega (bitraga) da Universidade de Vigo, e celebrada na biblioteca Concepción Arenal da USC, cunha conferencia titulada “Contra a tradución invisíbel. Os clásicos modernos en galego”